Como yá saben, de xemes en cuando yo, que soi patriota, pongo equí testos nos que la xente diz qué ye la patria pa ella, cómo ye o cómo ye la xera que la patria y pide o qu'ella entrega a la patria. 
Préstame güei enxertar equí esti artículu de María Canosa en La Voz de Galicia (patries) del 13/01/2013. 
Non son apátrida
Xamais  me gustou portar con bandeiras. Estou tan segura de cal é a miña que  non necesito andar manifestándoo dese xeito. Eu son das que miden  segundo as obras os feitos. Eu son como son e de onde fun sempre, da  cultura na que me criei e me fixo converterme en min. E cando vexo o meu  país sufrindo, sufro. E cando a miña terra esmorece, sinto que é a miña  terriña, e dóeme. E cando a xente emigra, marcha un anaco de min con  ela. E cando me falan na miña lingua, síntome orgullosa e revivo. E  cando regreso dunha viaxe, sorrío ao sentirme na casa. 
Eu  son outeiro, morriña, devezo, arró, xenreira, brétema, castiñeiro,  fouciño, regato, madriña, vento fuxidío, mar salvaxe. Crianza e futuro.  Apago o lume dos montes, limpo as praias de chapapote e apaño as patacas  no seu tempo. Pago os impostos e, mentres poida, non me hei de ir de  aquí, a miña casa. 
Non son ningún símbolo, non represento nada. Son unha veciña máis deste pobo. Punto. 
Son. Estou. 
E  cando me aperten e case afoguen, berrarei e protestarei. Sentirei a  carraxe por dentro, e doeranme os sentimentos. Pero seguirei sendo o que  son. Non me converterei en cidadá rusa. E menos o faría se fose un  símbolo para o meu país. Non por cartos. Nunca. Por sorte, teño unha  cultura de meu, non son apátrida. Posúo raíces ás que agarrarme e  regresar cando me perdo, que me indican de onde veño para saber a onde  vou. Isto ten un valor incalculable. Fachendearía, sen necesidade de  bandeiras, de ter este tesouro, non de abandonalo.
María Canosa


 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario